Neira Vilas


     «Neira Vilas ten o que Castelao chamaba un idioma sinxelo, cheo de transparencias, sin complexidade, un idioma no que se revela dun xeito non elemental como poidera parecer, máis si cheo de craridade, o intento de expresión de todo un pobo, é decir o idioma que corresponde ó ritmo dun manantial, dun regato, dunha namela, verde, eterna de Galicia.»



    «Galicia tiña hoxe necesidade de modelos de nenos, modelos de mozos, modelos de vellos, modelos de homes, modelos de mulleres, modelos de vida, estaba virxe Galicia, en gran parte segue estando e hai que irlle dando o que ela nos deu a todos. Neira Vilas deulle xa un modelo ¡Ei Balbino! Gritan nun dos contos de Neira Vilas os maiores... ¿E qué foi de Balbino? ¿Perdeuse ou non se perdeu? E non se perdeu porque gracias a Neira Vilas atopouse vivo, cheo de lealtade, cheo de porvir, dándolle a Galicia un neno que xa vai crecendo, que xa é home e que un día destes vainos gobernar.»


«Presentación de Neira Vilas», pronunciada o 18 de Novembro de 1976 na Galería Sargadelos de Madrid
durante a apresentación da sexta edición de Memorias dun neno labrego e incluída en
Lorenzo Varela:
Ensayos, conferencias y otros escritos (ed. de X. L. Axeitos), Ediciós do Castro, 2001, pp. 237-240.

© 2005 Biblioteca Virtual Galega