A saudade
«E é que o problema da saudade galega
non ten nada a ver co problema da morte castelá. Ao galego non lle
importa irse do mundo, porque é un ser que non está no mundo, que
está nos mundos. Polo contrario, o que pode servir de índice para o
entendemento da morriña é o grao de desexo que sinte un de nós
por regresar, por voltar, por estar, que é como ser, de novo alí,
naquel outeiro, xunto a aquel moíño, ouvindo de novo as mesmas
encantadas voces, os mesmos verdes, azules, amarelos.»
«Villaamil, pintor gallego y universal», conferencia pronunciada
por Lorenzo Varela no Museo Nacional de Belas Artes de Bos Aires
con motivo da celebración do centenario da morte do pintor Jenaro
Pérez Villaamil (1807-1854) e reproducida en Lorenzo Varela: Ensayos,
conferencias y otros escritos (ed. de X. L. Axeitos), Ediciós
do Castro, Sada-A Coruña, 2001, pp. 196-211. [Tradución da Biblioteca Virtual
Galega]
|
|