A influencia de Rosalía e Novoneyra

                                                                                                                                                                                             Carmen Blanco

 

       [...]

       No caso de María Mariño está claro o influxo fundamental de Rosalía e Novoneyra, xunto co xa apuntado da literatura popular de tradición oral.

       [...]

       A influencia de Novoneyra tan sinalada pola crítica é, desde logo, evidente, sobre todo en Verba que comenza. Deixáse ver na apertura cara á tradición popular, que é a inspiración básica de Novoneyra no ciclo de Os eidos, en concreto a través da lingua, a métrica, o ritmo ou certos temas do entorno natural coma o do lobo ou o da chuvia. A mesma identificación con Rosalía está presente tamén en Novoneyra, sendo quizais a única pegada destacábel da tradición literaria culta no autor. Ademais, a común inspiración popular e a vivencia directa da paisaxe son elementos esenciais compartidos polos tres poetas: Rosalía, María Mariño e Novoneyra.

       [...]

       Nesta autora de Rosalía déixase ver a través da recorrencia de motivos temáticos coma o de "tecer a tea" ou de imaxes poético-simbólicas coma as da "sombra" e a "noite". O recordo do "tecín soia a miña tea" de Rosalía aparece en versos coma: "Días e días tecín na tea do meu tear".

       [...]

 

 

[En Literatura galega da muller]



© 2007 Biblioteca Virtual Galega