Letras Galegas 2007 Volver atrás |
A MORTE
De forte ollar, amiga, e frío que non se quenta. Amiga, que eres de todos e por ninguén esquecida.
Soia con teu silencio na forza do teu poder, un por un de cada ser levas do fin ó comenzo, descansar á túa fonte. ................................................... E logo de alí cansiños, amiga, dinos pra onde?
Deixa, amiga, ós nosos pés, fríos polo teu ver, algo do noso sentir, do són que ti fas fuxir, amiga, por aquil nacer...
|
Letras Galegas 2007 Volver atrás |
© 2007 Biblioteca Virtual Galega |