Hoxe do souto de ouro,

onte do meu recordo!

 

A terra dará outro fillo, ano erguido de sonos.

 

Comenzará a frorecer, a ofrecer e a dar.

Logo, ó verse brilar,

os seus sonos axeados

irán sin remedio morrendo, morrendo i esperanzados.

 

Hoxe de souto de ouro,

onte do meu recordo!

 

O noso outono non brila, non ten de ouro a mirada.

O noso outono soio ten o silencio da chamada...

 



© 2007 Biblioteca Virtual Galega