Letras Galegas 2007 Volver atrás |
15 Quen manda na hora de hoxe? Quen manda? Quen manda que non a atende? Vou buscando, busco mañá e no atopo, busco día e non o vexo. Todo cala afeito. Non atopo a pousa tarde nin sei do seu barullo. Quen me fala non o entende. Señor, dime quen me levou? Quen me levou que me volva, que me volva enteira de Ti. Herbiñas de prados frescos, terras, mares, mareas e cumes, riachos de entre canellos, buscade de vós o meu, meu soio.
Xa vexo!
Vou vendo. Vexo día ca súa salve. Atopei mañá -miña hora-. Vai medindo o tempo as prantas. Xa me din en verba aberta! Xa me escoitan! Xa en rendixa da noite se atui!
Xa son! |
Letras Galegas 2007 Volver atrás |
© 2007 Biblioteca Virtual Galega |