Letras Galegas 2007 Volver atrás |
Si o Outono non crebara o tempo non se erguía en verso longo o poeta, o trobeiro que en liña chega á meta arrola a cume, espaia a néboa, achega o vento.
Os cantores esquecen o seu día e dóense do que saben que lles chega. Quece o zoco no ourizo e na nebra. Vela o arbre a súa en lousa compañía.
Alumea o souto a esperanza soia, a que onte viveu na súa sombra amiga, espera hoxe o que dela quedou fóra.
Roda do carro que, entre lousa e folla, vas trocando por mañán cantiga atopas noite, atopas día e quedas soia!
|
Letras Galegas 2007 Volver atrás |
© 2007 Biblioteca Virtual Galega |