Letras Galegas 2007 Volver atrás |
Os poetas da Xeración de 1936 Xosé Luís Méndez Ferrín
[...] Na peculiar vivencia de MARÍA MARIÑO o seu ser individual non se funde cun Ser total, cunha sorte de Deus. Non se trata pois dunha unio á maneira dos místicos españois do Século de Ouro da súa literatura. É, polo contrario, a materia o elemento total que sorbe o ser persoal de MARÍA MARIÑO e o "come", somete e aniquila. Nesta lírica materialista non hai vivencias da intimidade senlleira, posesión e namoro de sí mesma. Polo contrario o poeta síntese posuído pola materia vivida dinamicamente. Entrégase e déixase levar por ela. Finalmente, o poeta xa non é un eu, senón que se desdobra e fala de ela, porque o seu esprito está xa fora, entrou no cosmos. Pódese ver alí confundida coas cousas. [...]
[En De Pondal a Novoneyra] |
Letras Galegas 2007 Volver atrás |
© 2007 Biblioteca Virtual Galega |