Letras Galegas 2007 Volver atrás |
Un idioma novo X. L. Méndez Ferrín
[...] Toda a poesía que hastra o de agora se viña escribindo en galego aceptaba o sistema, digamos "gramatical" -pra que me entendan os profanos e os psiquiatras- do idioma. A audacia dun Manuel Antonio, dun Cunqueiro, ultraistas, residía na imaxe, nunca nas palabras con que construían a frase. A poesía galega faltáballe ise elemento destructor, isa cárrega de profundidades que estoupou na lingoa poética de Vallejo e Neruda, os primeiros en alterar en poesía o sistema do idioma castelán. María Mariño desempeña isa función no galego, torcéndoo, destruíndoo dende o interior, forzando a sua estroitura. [...]
[En La Noche, 25 de febreiro de 1965], |
Letras Galegas 2007 Volver atrás |
© 2007 Biblioteca Virtual Galega |