Irmáns:
Eu vos invito pra a loita. De hoxe en diante prométovos deixar no oco de
un albre o meu bagaxe inútei de poeta e ire con vosco a onde vos
queirades. E non hemos loitar coma o coello que fuxe da raposa, non; eu
sei ben que se o coello fincara os dentes nos fuciños do seu nemigo,
tiña xá moito camiño andado pra gañar. Nos temos de dal-o peito, e se en
derradeiro termo a raposa nos pilla, morramos co-a ideia de que cando
nos xanta é car (sic) hemos tere bo celme.
Deitemos a pedra da nosa indiñazón na mansedume eistúpida dos illós e
atendamos fachas nos osos dos bos de Carral. Eu sei de certo que os seus
espritos andarán con nosco, latexarán a nosa veira e daránnos o bafo
lene e balsamado do seu inmorredoiro amor a Galiza.
Eu ben sei que o esprito dos mártires de Carral está con nosco. Por iso
non vos prego o minuto de silenzo que pol-os mortos se prega. Eu
prégovos coma aos vivos, pois iles vivos están en vos, que vos poñades
en pé.
Homes de Carral: ergueivos!
[En Berro en lembranza
dos herois de Carral ] |