Letras Galegas 2008 Volver atrás |
[...] Gosto de toda poesía, con tal de que o seña. Da nosa lírica prefiro á Rosalía máis íntima, é decir, a menos narrativa, i, en troques, ó Pondal máis descriptivo. Rosalía en primerísima persoa e Pondal en terceira. Logo distes dous xenios, voume xa aos Cancioeiros. Poño a Pero Meogo —cervos e fontes alá no fondo do herbal onde canta— por persoeiro de aquila lírica sin parellas. Hai dempois un grande e perdurábel misterio na poesía popular. Dos contemporáneos —moitos amigos e nobres poetas— non debo falar agora. Agora, sí, estou de acordo cos que pensan que, dende o século XIII, non se deu en Galicia un movimento lírico de tal fondura e ampritude coma o presente. Da lírica castelá, pouco máis ou menos o que dirán todos: Frai Luis, San Xohán de la Cruz, Antonio Machado todo enteiro; a mitade máis un de García Lorca, o noso Xohán Bautista Andrade... Da portuguesa, Anthero de Quental, Teixeira de Pascoaes. Conozo pouco —confésoo— o actual movimento poético da terra irmá. Da lírica francesa, Villon, Víctor Hugo (seus poemas de nenos), Baudelaire, Paul Geraldy... Sinto non ser máis orixinal; pero é así. Da miña propia poesía prefiro a derradeira, aínda inédita, que enche en parte o libro Canle segredo, ganador do premio Eduardo Pondal 1953. Coido que é a miña maneira —de versos brancos— máis auténtica e madurecida. Da obra devanceira, a Roseira do teu mencer, libriño do que Aquilino Iglesias, amigo apaixonado, fixo unha loubanza estrema. Escribo poucos versos. Teño pra min que moitos poetas se perden por escribir de máis. A poesía precisa tamén da súa economía. Non me coido un gran poeta —¡Deus o fixera millor!—; pero sei que os que o foron de verdade escribiron pouco e a modo. [...]
[En Fernández del Riego, Francisco, Escolma de poesía galega, vol. IV, Vigo: Editorial Galaxia, 1955, pp. 286-287] |
Letras Galegas 2008 Volver atrás |
© 2008 Biblioteca Virtual Galega |