Letras Galegas 2008 Volver atrás |
VEMOS FUXIR
A Xosé María Álvarez Blázquez. In memoriam.
Vemos fuxir o
vento lento e na historia pechada pode escribirse o tempo con signos que
semellan sombras case extinguidas. en Vigo. Nun intre a vida pasa chove inmisericorde polas rúas no medio da cidade apágase unha lámpada o legado do outuno recupera a linguaxe da camelia enlutada.
nun espacio violeta impenetrable cando a luz abolida na textura da pedra se volve mesta e
xeme. abatido no tempo que vai á nosa beira alguén guinda unha túnica no fondal dos teus ollos materia escura pra medir a vida forma de nada e pranto fábula esvaecida iso que vai marcando a nosa teima iso que vai desfigurando as formas iso que vai deixando liñas como degoiros e que chamamos morte cando chega e que chamamos morte cando pasa.
Vigo
[En Grial, nº 88, abril, maio, xuño, Vigo, 1985]
|
Letras Galegas 2008 Volver atrás |
© 2008 Biblioteca Virtual Galega |