Agradecementos


          A Biblioteca Virtual Galega quere agradecer a inestimábel colaboración de todas as persoas que, dunha ou doutra maneira, axudaron a que o Especial Día das Letras 2008 dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez chegase a ser unha realidade. Estimamos en todo o que merecen os contributos biobibliográficos de Xosé María, de Alfonso e de Celso Álvarez Cáccamo, fillos do autor, cuxas obras son fundamentais para achegarmos ao coñecemento do escritor. Deste último, agradecemos nomeadamente a utilización que nos permitiu facer de diversos materiais da súa páxina web
(http://www.udc.es/dep/lx/cac/), á que remetemos sempre que é o caso.
        


         


© 2008 Biblioteca Virtual Galega