![]() ![]() |
UXIO NOVONEYRA Francisco Rodríguez Sánchez
Foi primeiro un nome na distáncia, enigmático e ambivalente.
Apareceu-se-me despois como unha evidéncia chamativa do home e da poesia
asentados na terra, e da ollada comprensiva sobre o noso mundo, o mundo
inteiro de todos. Finalmente, comprobei a solidez de quen comparte con
respeito e agarimo o esforzo por termos como povo, outro destino.
Esta intencionalidade de comprensión omnímoda, que non rexeita o xuízo duro e contundente se for necesário, é a mesma que o identifica co seu, co noso país, a Galiza. Uxio Novoneyra é un poeta de sentimento e cosmovisión tan patrióticas, como de sereo e fraterno internacionalismo. Precisamente, esta dificil simbiose práctica para os homes da sua xeneración, reloce no home e no poeta e na sua traxectória humana, ideolóxica e literaria.
[En A Nosa Terra, nº 907, 1999] |
![]() ![]() |
© 2010 Biblioteca Virtual Galega |