vb1martincodax.html
De
Martin Codax, tal vez o xograr galego-portugués de maior sona,
parece indiscutíbel a súa orixe galega, concretamente do sul do
país, polas numerosas referencias de Vigo que aparecen nas súas
cantigas. Non se ten información, non obstante, sobre a súa
condición, nobre ou humilde, mais non se dubida da súa esmerada
educación en ambientes cultos, relacionados ben coa aristocracia
ben co clero.
O corpus literario atribuído a
Martin Codax consta de sete cantigas de amigo (probabelmente
compostas a mediados do século XIII, durante o reinado de
Fernando III O Santo) que aparecen recollidas nos cancioneiros e
no Pergamiño Vindel. Das cantigas de Codax compiladas no
Pergamiño, datado a mediados do séc. XIII ou comezos do XIV,
consérvase a música.
A Martin Codax, Meendinho e
Joan de
Cangas dedicouse o Día das Letras de 1998.
|