Adela Figueroa


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2adelafigueroa.html

     Nacida en Lugo, mas a maioria da sua vida profisonal desenvolveuse en Pontevedra onde estivo casada e onde é profesora de Instituto (IES A Xunqueira; IES Valle Inclán; IES Sánchez Cantón). Funcionaria desde o ano 75, Catedrática de Bioloxia-Xeoloxia desde o ano 80. Desenvolveu trabalhos na Misión Biolóxica de Galicia e no Centro Forestal de Lourizan. Trabalhou na Universidade do Minho como becaria, no departamento do Instituto da Educação, e no de Quimica Pura e Aplicada.
     Desde nova manifesta interese polos problemas do seu país, participando, xa de estudante, na Asociazón Cultural "O Galo" de Santiago de Compostela, participando nos Movimentos de Renovación Pedagóxica, e de Xornadas do Ensino desde o ano 78 en Ourense. Da directiva da ASPG, desde a sua fundación, e mais adiante secretaria da ASPGP. Directora da Revista do Ensino, da que foi cofundadora. Tamen foi cofundadora da Asociación para a Defensa Ecoloxica Galega. Colabora co semanario A Nosa Terra desde a sua fundación.
     Ten publicados trabalhos diversos acerca da sua profeson (Profesora de Bioloxia-Xeoloxia), asi como libros de texto da sua materia e de Educazón Ambiental. Desde o ano 90 é Master en Educación Ambiental, pola UNED e a Universidade Empresa.

[Xuño, 2004]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe á autora?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega