mb3amadormontenegro.html
Amador Montenegro
Saavedra viu a luz o 30 de Abril de 1864 en Santiago de Compostela, cidade en
que iniciou os estudos de Dereito que finalizaría en Valladolid. Durante anos
exerceu a profesión de avogado.
Na capital lucense fundou a revista A Monteira, onde
deu a coñecer once poemas baixo o pseudónimo de Esperanza Roca.
En 1888 tirou do prelo acompañada dun prólogo de
Pérez Ballesteros a súa primeira obra poética intitulada Muxenas, que sería
reeditada anos despois. A esta obra seguirían Fabulas i epígramas (1892),
integrada por vinte e sete composicións, e Fábulas galaico-castellanas,
que abrangue corenta e e sete en galego, alén doutras en español.
Alén da súa condición de poeta, Amador Montenegro cultivou a prosa con
varios relatos como "O zorro e o galo", "A primeira
consulta", "A picardía dun escribano", "A manda",
"Un valente xastre", "O zapateiro rañoso" ou "A casa
da Fame", editados a maior parte deles en publicacións periódicas como Galicia,
El Eco de Galicia ou A Monteira.
Membro da Real Academia Galega, foi o primeiro en
redixir en galego o seu discurso
de ingreso, Alma d'a poesía gallega, contestado
igualmente na nosa lingua por Xan Barcia Caballero.
Amador Montenegro morreu no ano 1932 na cidade de Lugo.
|