vb1anisiamiranda.html
Naceu
en Ciego de Avila (Cuba) o 30 de decembro de 1932.
É filla de emigrantes ourensáns.
Estudiou Maxisterio e Xornalismo na
Habana.
Por razóns familiais, no 1953
trasladouse cos pais a Bos Aires.
Alí ampliou os seus estudios, e
coñeceu a Xosé Neira
Vilas. Casaron en 1957, ano no que
fundaron "Follas Novas". Distribuidora do libro galego
en América, que dempois foi tamén editorial.
Dende o principio vencellouse á
cultura galega.
Asistiu as clases patrocinadas pala
Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas
(AGUEA) que dictaban Ramón de
Valenzuela, Xeografia Galega;
Alberto Vilanova, Historia de Galicia; Rafael
Dieste, Literatura
Galega; Eduardo Blanco
Amor, Idioma Galego; Antonio Baltar,
Economía de Galicia.
Traduciu ó galego poemas de
autores latinoamericanos: José Martí, Rubén Darío, Amado
Nervo, e ó norteamericano Walt Whitman. Todas foron aparecendo
en publicacións galegas de Bos Aires.
Voltou a Cuba co seu home, en 1961.
Traballou con Alejo Carpentier na redacción da revista
"Pueblo y cultura", e mais tarde como coordinadora
nacional de edicións de libros para nenos e adolescentes,
ademais de levar a administración da editorial por un tempo.
Desempeñouse como xefa de
redacción do semanario infantil "Pionero".
Foi cofundadora e xefa de
redacción das revistas para nenos "Zunzun" e
"Bijirita".
Colaborou en varias publicacións
periódicas, dirixiu un programa de radio, actuou como xurado en
diversos concursos.
No eido da creación literaria é
autora de obras de poesía, narrativa, teatro, viaxes e
biografía.
En teatro e narrativa obtivo
importantes premios en Cuba, entre os que salientan tres premios
"La Edad de Oro", teatro para nenos e adolescentes; e o
Premio Nacional "Ismaelillo" de la Unión de Escritores
e Artistas de Cuba.
Dalgúns dos seus libros lévanse
publicados centos de milleiros de exemplares, en Cuba.
Parte da súa obra está traducida
ao eslovaco.
Ten a medalla Raul Gómez García
da Unión de Escritores e Artistas de Cuba.Tamén ten a medalla
poIa Cultura Nacional, do Ministerio de Cultura de Cuba.
Foille conferida a medalla Ho Chi
Minh e a Orden da Amizade otorgada polo Consello de Ministros de
Viet Nam, polo seu traballo de solidariedade con aquel país.
En 1992 radicouse co seu marido en
Galicia. É vicepresidenta da Fundación Xosé Neira Vilas.
|