vb1riveirocoello.html
Nacín
en 1964, en Xinzo de Limia, da quinta de Miguel Induráin. Cursei
estudios de Dereito en Santiago, que abandonei no quinto ano,
toquei a guitarra nun grupo de rock, vendín ordenadores, fun
funcionario do Estado, da Xunta e, por fin, xa cuns cantos
aniños para me meter nestas festas, rematei dedicándome á
escrita na que teño sido galardoado nuns cantos certames dos que
salientaría o Álvaro Cunqueiro, o García Barros, Café
Dublín, Torrente Ballester (finalista), Modesto R. Figueiredo do
Pedrón de Ouro, Manuel Murguía, Camilo José Cela, Breogán de
Contos, Castelao de Narrativa, Casa Galicia en León, Meigas e
Trasgos, Vila das Neves ou o Ourense de Contos, entre outros.
|