Arturo Casas


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb3arturocasas2.html

     Nacín na Coruña no inverno (1958). Había uns penedos que lembro equivocadamente como colosais (1963). Despois, a pel das reses a secar e unha cabeza de vaca que aboiaba a dez metros do areal, sobre unha corrente de sangue que marcaba o norte. Lembro tocala mentres nadaba, subir e ficar preso nela. Ningún recordo tan forte como esoutra vía láctea (1969), a beleza dos teoremas (1975-1978) e un congro (1973). Tamén a estrada (1984-2004) e a sensación de que hai un telexornal que non remata nunca (1989 até os nosos días). O resto vén sendo teoría da literatura.

[Maio, 2004]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega