mb4aurelianopereira.html
Aureliano Xosé Pereira de la Riva naceu en Lugo en
1855 e morreu en Madrid no ano 1906. De orixes familiares humildes, desempeñou
o labor de xornalista en publicacións periódicas como El Heraldo Gallego
e liderou o rexionalismo federalista da segunda metade do século
dezanove. Republicano convencido, contrario ao caciquismo, partidario dunha
sociedade laica e inimigo do sistema foral, Pereira foi, aliás, un home
preocupado pola situación da muller no seu tempo e un simpatizante do movemento
obreiro.
Entre a súa obra poética, redixida na súa totalidade
en lingua galega, destaca o volume intitulado Cousas da aldea (1891) e
numerosas composicións soltas publicadas en xornais e revistas. Así mesmo,
preocupado polo futuro da nosa literatura, sentiu a necesidade de criar
unha editorial galega, obxectivo que se acadaría finalmente co nacemento da
Biblioteca Gallega, impulsada por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández
Latorre.
|