Avelina Valladares Núñez naceu o 23 de Outubro do ano 1825 en
Vilancosta
Andrea Avelina María Teresa
Gabriela Valladares Núñez
naceu o 23 de Outubro do ano 1825 en Vilancosta, Concello da Estrada. Criouse no
seo dunha das familias fidalgas máis importantes da Galiza. A profunda formación
relixiosa que recibiu e a súa liñaxe exerceron unha importante influencia na
obra da autora. En 1879 deu á luz o seu primeiro
poema en galego sob o título "A Ulla", publicado polo xornal El Eco de
Galicia. A esta composición hai que engadir outras catro: "Diálogo entre un
peregrino que se dirige a Compostela y un labriego", "A pobre orfiña", "Miña
xoia" e "Ôs que emigran". A emigración, Galiza, a orfandade, a fe e a súa propia
familia foron motivos constantes nas súas
composicións. Publicou na Exposición Compostelana e
en El Eco de Galicia dous artigos en
español intitulados, respectivamente, "El ochavo milagroso"
e "Comunicación a la Sociedad de Amigos del País de Santiago";
unha terceira reseña "Exposición al Eminentísimo Cardenal Sr. García Cuesta, arzobispo de
Compostela", ficaría inédita, ao igual que numerosos poemas redixidos nesa
mesma lingua. Avelina Valladares faleceu o día 17 de
Marzo de 1902, na súa casa de Vilancosta.
|