Carlos Mella


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb4carlosmella.html

     Carlos Mella Villar, (A Estrada, Pontevedra), economista, político e escritor, é doutor en Direito pola Universidade Complutense. Foi Vicepresidente da Xunta de Galicia e deputado no Parlamento. Ex-presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
     
     OBRA LITERARIA:

     'NON SOMOS INOCENTES': libro de memorias dun 'político galego en excedencia', no que se pasa unha irónica revista ós primeiros tempos da política autonómica galega.

     'A GALICIA POSIBLE': ensaio onde se esboza unha reflexión sobre a Galicia que nos tocou vivir neste tempo histórico, tentando adiviñar cara onde vai este país e cal é o noso horizonte futuro.

     'O PROTOCOLO XAPONÉS': fateixo de relatos nos que se trata de expoñe-los perigos que un progreso descontrolado e mimético representa para o mundo actual.

     'BIEITO BIEITO': a novela dunha ambición e un fracaso. E da aceptación reflexiva do mesmo, cando se avalía como inevitábel.

     'COA PALLETA DISTRAÍDA': escolma de artigos, moi breves, nos que se reflicte unha visión agarimosa as veces, e crudel outras, sobre o acontecer cotián da nación galega.

     'A FALACIA DO ECONOMICISMO': ensaio que expón unha análise crítica dun sistema económico que produce un crecente desequilibrio no devir dunha sociedade rexida só por baremos económicos.

     'LUCES DE FISTERRA': novela na que se tenta unha disección crítica da sociedade galega utilizando o esperprento como arma literaria; os aconteceres galegos pasando diante dun espello cóncavo.

[Outubro, 2003]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega