Carlos Mosteiro

(1955 - 2017)

 

 
Obras
Autobiografía
 
vb1carlosmosteiro.html

     Novembro, 1955. Cansado de habita-lo limbo, vou e nazo. Era o tres, un día despois que Difuntos, ¡uf!, por qué pouco. Algo da tristeza do mes debeume quedar prendida no carácter, pois convertiume en ensimismado e contemplativo —Lourdes, a miña muller, define a miña relación co mundo como "un estar no aire"—. De pequeno, como todo o mundo, escola, xogos, amigos, felicidade, liberdade de campo e aldea...
     Logo a medrar. E nada foi igual: a urbe, pequena pero urbe ó fin e ó cabo, maxisterio, anos de búsqueda, a escola (son mestre). Xa avanzados os trinta, matrimonio, e fillos (dous); e outros dous fruto da aventura extraconxugal cunha señora estupenda que se chama Literatura: "O día que Miguel Induráin pasou por Gonderande" e "Manual de instruccións para querer a Irene". E de momento máis nada.

[Xullo, 2002]

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega