vb9rodriguezfer
Reprodúcese, actualizada, a cronoloxía elaborada por Natalia Regueiro no libro
Os mundos de
Claudio Rodríguez Fer (Sada: Ediciós do Castro) e por Olga Novo na
introdución a Unha tempada no paraíso (Noia: Toxosoutos).
1956 Nace en Lugo, fillo de Claudio
Rodríguez Rubio, técnico muiñeiro zamorano, e
Alicia Fernández Couso, mestra galega. Criarase e cursará
o ensino primario na escola da nai, pero formarase ética e
politicamente baixo a influencia humanística e progresista do
pai.
1965 Comeza a escribir poesía habitualmente.
1966 Inicia o Bacharelato no Instituto Masculino de Lugo. Comeza a escribir narrativa breve.
1970 Inicia a súa militancia antifranquista no seo do movemento estudantil.
1972 Comeza a escribir "cinepoemas" e outros traballos sobre cine.
1973 Comeza a escribir
composicións que formarán parte do seu libro inicial,
como "Máis alá da saudade". Publica o seu primeiro
artigo, "Entre Kafka y Shakespeare. El cine algebraico de Orson Welles".
1974 Comeza a estudar
Filoloxía no Colexio Universitario de Lugo. Inicia a súa
relación amorosa con Carmen Blanco, a quen dedicará seis
libros e quen ilustrará varias obras do autor.
1975 Inicia o seu labor
cine-clubístico organizando exhibicións universitarias e
redactando folletos para o Club Cultural Valle-Inclán e o
Cine-Club Marcos da Portela.
1976 Deixa Lugo e continúa a carreira en Santiago de Compostela.
1977 Forma, con Carmen Blanco, a
tribuna libertaria galega Unión Libre, que publica panfletos
literarios e colabora na revista Askatasuna.
1978 Licénciase en
Filoloxía Hispánica. Comeza a dar clase no Instituto
Masculino de Lugo. Publica o seu primeiro estudo, "Borges e o
escepticismo esencial".
1979 Obtén, por
oposición libre en Salamanca, praza de profesor agregado de
Lingua e Literatura Españolas, e comeza a exercer no Instituto
Xelmírez de Santiago de Compostela. Publica o seu primeiro
libro, Poemas de amor sen morte.
1980 Obtén, por
oposición libre en Madrid, praza de catedrático de Lingua
e Literatura Españolas, e comeza a exercer como tal no Instituto
Mixto de Chantada.
1981 Publica A Galicia misteriosa de Ánxel Fole, Tigres de ternura
e a primeira versión de "Meta-relatos". Inicia en Barcelona a
súa participación en encontros e congresos por diversos
lugares de Europa (Portugal, Gran Bretaña, Francia).
1982 Tigres de ternura recibe o Premio da Crítica Española e reedítase con versión castelá.
1983 Publica Cinepoemas e "Fábula fauna". Edición pirata de Tigres de ternura. Nace en Lugo a súa filla Mariña.
1984 Publica Historia da lúa.
1985 Edita Contos de lobos de Fole. Escribe o guión da película documental
Ánxel Fole.
1986 Comeza a investigar por Galicia
sobre a literatura galega na guerra civil, labor que continuará
desenvolvendo nos máis diversos lugares, dende a Unión
Soviética ós Estados Unidos de América.
1987 Publica A boca violeta e Lugo blues. Imprímese a súa edición non nata de Cántigas de alén de Valente. Comeza a dar clase no Instituto Ánxel Fole de Lugo.
1988 Publica "Cebra" e Meta-relatos. Inicia o seu labor como guionista para vídeo.
1989 Publica Poesía galega e Antonio Machado e Galicia. Edita Contos de lobos e outros relatos de Fole, Cántigas de alén de Valente e, con Carmen Blanco, Con pólvora e magnolias de Ferrín. Inicia en Rusia e Polonia o seu ano sabático por licencia de investigación.
1990 Publica Vulva, "Tres" e Manifesto por un movemento vital. Inicia o anuario poético A Dama Amada. Reedítase Poesía galega, que recibe o Premio Losada Diéguez de Investigación. Edita, con Carmen Blanco, Os eidos
de Novoneyra. Diserta en Suíza e investiga en Austria,
Hungría e Checoslovaquia. Dirixe e cataloga a exposición
sobre "Luís Pimentel". Comeza a dar clase no Campus de Lugo da
Universidade de Santiago de Compostela.
1991 Publica Arte literaria e Cebra, así como contos eróticos en O relato breve e no Boletín galego de literatura. Doutórase cum laude coa tese "A literatura galega durante a guerra civil", que recibe Premio Extraordinario. Edita Guerra literaria de
Dieste. Comeza a dirixir a colección de edicións
críticas "Clásicos Galegos". Dirixe o curso de
verán "Cunqueiro e a Cultura Europea" no Campus Universitario de
Lugo.
1992 Exerce como profesor visitante no Centro Graduado da Universidade da Cidade de Nova York. Publica A muller núa. Edita Comentarios de textos contemporáneos, José Ángel Valente e Verbas de chumbo de Castelao.
1993 Edita Poesía perdida de Carballo Calero e Obras reunidas de Ángel Johán. Publica A muller loba.
Dirixe o "Encontro Internacional sobre José Ángel
Valente" en Santiago de Compostela. Obtén, por oposición
en Santiago de Compostela, a titularidade de Literatura Española
Contemporánea na Facultade de Humanidades de Lugo.
1994 Edita Comentarios de textos populares e de masas e Material Valente. Coordina o monográfico "Valente, cuestión cero" na revista Ínsula e participa no encontro e no posterior libro El silencio y la escucha: José Ángel Valente, organizados pola Universidade Complutense en Almería. Publica A literatura galega durante a guerra civil e A subnormalización da cultura galega.
1995 Forma parte dun equipo de
investigación sobre "Muller e literatura en Galicia" con
Carmen
Blanco, da Universidade de Santiago de Compostela, e Diana Conchado, da
Universidade da Cidade de Nova York. Exerce como profesor visitante na
Universidade da Alta Bretaña, en Rennes. Inicia o díptico
poético A tola soñando.
1996 Publica Extrema Europa e Acometida atlántica (Por un comparatísmo integral). Recibe o Premio de investigación Losada Diéguez por A literatura galega durante a guerra civil. Comeza a codirixir, con Carmen Blanco, Unión libre. Cadernos de vida e culturas, e con Alexandre Veiga, Moenia. Revista Lucense de Lingüística e Literatura. Edita Cántigas de alén de Valente, con gravados de Chillida, e Cartafolio galego de Fole. Olga Novo edita Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer.
Fala en Puerto Rico e visita Roma.
1997 Publica Ánxel Fole. Vida e Obra e A unha muller descoñecida. Edita a Obra Galega Completa de Ánxel Fole, Ánxel Fole 1903-1986. Unha fotobiografía e O mundo lucense de Ánxel Fole,
en colaboración con Armando Requeixo e outros investigadores.
Pronuncia a conferencia inaugural do "Congreso Ánxel Fole"
celebrado en Lugo. Viaxa a Cuba.
1998 Publica Guía de investigación literaria.
Introduce A lenda do Gran Inquisidor, de Dostoievski. Presenta e
coordina o monográfico sobre metodoloxías integrais do
terceiro número de Unión libre. Natalia Regueiro publica Os mundos de Claudio Rodríguez Fer. Inclúese "Borges, escepticismo y fantasía" en El relato fantástico. Historia y sistema. Expón poesía visual no CGAC de Santiago de Compostela. Viaxa a Grecia e a Italia.
1999 Inclúe o poemario visual "As orixes dos mundos" no cuarto número de Unión libre, dedicado a "Erotismos". Olga Novo publica O lume vital de Claudio Rodríguez Fer. Apadriña a Valente na súa investidura como doutor "Honoris Causa" pola Universidade de Santiago de Compostela.
2000 Publica Rastros de vida e culturas
con serigrafías de Eugenio Fernández Granel¡.
Edición bilingüe galego-bretona da antoloxía
poética de temática céltica Moito máis que mil anos,
debida a María Lopo. É nomeado secretario da
Cátedra de Poesía e Estética José
Ángel Valente da Universidade de Santiago de Compostela. Publica
"Georges Brassens. escepticismo ácrata e liberdade persoal" no
quinto número de Unión libre.
2001 Coordina o monográfico sobre José Ángel Valente de Moenia. Edita Cima del canto de Valente. Realiza as estampacións "Man a man", publicadas no sexto número de Unión libre, con Sara Lamas, ilustradora da revista e de varios libros e proxectos do autor.
2002 Publica Belas e bestas en edición dixital e A vida. Gravados sobre corpo en carpeta de augafortes orixinais. Edita Cuaderno de versiones de Valente. Viaxe a Irlanda. Outono en Occitania, en inicio dun ano sabático na Universidade.
2003 Edita a Obra Literaria Completa
de Ánxel Fole cun terceiro volume en castelán. Pasa parte
da primavera e do verán en París. Viaxe por Escocia.
Dirixe o curso de verán "Poetas europeos contemporáneos"
no Campus Universitario de Lugo.
2004 Investigación no Institut Mémoires
de l'édition contemporaine (IMEC) en París. Publica A loita continúa. Coordina o monográfico "Memoria antifascista de Galicia" no noveno número de Unión libre. Dirixe o curso de verán "Amor e literatura" no Campus Universitario de Lugo. Viaxe por Aquitania.
2005 Intervencións en Marrocos. Viaxes por Languedoc e Rosellón e pola Fisterra bretoa. Publica O muiñeiro misterioso e A bela mestra. Coordina o monográfico "Amores" no décimo número de Unión libre.
É nomeado director da Cátedra José Ángel
Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago
de Compostela. Promove a Asociación para a Dignificación
das Vítimas do Fascismo.
2006 Publica Viaxes a ti, con gravados de Sara Lamas. Coordina o monográfico "Vermellas" no undécimo número de Unión libre.
Participa na Primavera dos Poetas na Casa da Poesía de Rennes.
Pronuncia a conferencia inaugural do "Congreso Interdisciplinar Eugenio
Granell" en Santiago de Compostela. Promove e introduce a
edición facsímil da revista Yunque, da que atopou a única colección completa coñecida.
2007 Viaxes
pola Toscana. Organiza o encontro "Referentes
europeos na estética de Valente" en Santiago de Compostela. dirixe o curso de
verán "Vítimas do 36 en Galicia. Memoria e paz para sempre" no Campus
Universitario de Lugo. Coordina o monográfico "Cinemas" no duodécimo número de
Unión Libre. Colabora no libro colectivo Do amor e da literatura.
Participa na inauguración da Biblioteca Valente do Instituto Cervantes de
Marrakech e na conmemoración do XL aniversario da sociedade emigrante A Nosa
Galiza en Xenebra. Viaxa a Venecia e escribe "Venecia venérea".
2008 Presenta en París a edición bilingüe
galego-francés de Voyages à toi, traducida por María Lopo e Annick
Boilève-Guerlet. Publica Borges e o labirinto galego en edición bilingüe,
que presenta María Kodama en Bos Aires. Fala no Centro Galego de Bos Aires e na
Irmandade Galega de Caracas. Reedítase O lume vital de Claudio Rodríguez Fer,
de Olga Novo. Edita Valente: El fulgor y las tinieblas e recompila e
introduce o volume de Ensayos das Obras completas de Valente. É
secretario do curso de verán "Escritoras europeas de culturas minorizadas. Por
un lugar libre para as linguas de Lilith". Viaxa a Florencia e polo Cornualles
británico. Preside a Asociación para a
Dignificación das Vítimas do Fascismo e grávase en bronce o seu poema "A Juana
Capdevielle" nun monumento conmemorativo erixido en Rábade. Coordina o monográfico "A voz das vítimas
do 36" no número 13 de Unión libre. Exerce como profesor visitante na
Universidade da Bretaña Sur, en Lorient.
2009 Publica Ámote
vermella e realiza con Carmen Blanco a exposición Vermellas, sobre as
mulleres represaliadas polo franquismo, en ambos casos con gravados de Sara
Lamas. Presenta en Bretaña La lutte
continue. Poèmes de la mémoire antifranquiste, traducidos por Annick
Boilève-Guerlet e María Lopo. Edita Ensayos sobre José Ángel Valente de
Juan Goytisolo. Visita Stonehenge e viaxa pola Campania, a Illa de Man e
Normandía. Inaugura o encontro "Valente: memoria sonora" en Ourense e participa
na homenaxe a este poeta en Madrid. Coordina o monográfico "Lugares" no número 14 de
Unión Libre. Investiga en Cambridge e Oxford, onde diserta sobre Borges;
fala sobre Cernuda na Universidade da Cidade de Nova York e por dúas veces sobre
memoria histórica en Rennes.
2010 Publica Unha tempada
no Paraíso (con introdución de Olga Novo), Os paraísos eróticos e
Meus amores celtas, os tres ilustrados por Sara Lamas, participando coa
mesma artista no libro Poetas con Valente. Investigación no Institut
Mémoires de l'édition contemporaine (IMEC) en Normandía. Viaxa a Nova York,
recita por dúas veces en Rennes e diserta en Berlín. Promove en Unión libre
a colección de balde Poesía para tod@s, que se inicia con Poemas polas
vítimas do 36 en Galicia e Poemas para Lugo. Grávase en pedra o seu
poema "Paz para sempre" no memorial das vítimas do fascismo na Coruña. Edita
privadamente Poemas para Carmen Blanco.
2011 Reúne a súa poesía en
Amores e clamores e a súa narrativa en Contos e descontos. Publica
Terra extrema de radiación amorosa en edición dixital. Con Carmen Blanco,
inaugura a exposición Vermellas en Vigo e publica Vivas en nós. Mulleres
represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936. Presenta e acompaña
a María Kodama en Galicia. Viaxa por Dinamarca e por Quebec, onde asiste ao
congreso sobre texto e imaxe L'imaginaire de Montreal. Participa no
Congreso Internacional sobre Literatura de Viaxe en Marrocos.
2012 Investiga nos Archives
de la Planète do Musée Albert-Khan en Boulogne. Recitais "Amores e clamores" en
homenaxe a Granell e a Díaz Pardo en colaboración coa mocidade das revistas
Evohé e Paradisso. Nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade da
Alta Bretaña en Rennes e Presidente de Honra da Asociación Mémoire del'Exil
Républicain Espagnol en Brest. Edita Valente vital (Galicia, Madrid, Oxford)
e os epistolarios de Valente con Guillén, Paz, Cortázar e Vargas Llosa. Prologa
os contos de Granell. Participa xunto a Juan Goytisolo na conmemoración da
Biblioteca Valente do Instituto Cervantes de Marrakech. Edición bilingüe
galego-inglés de Tender tigers, traducida por Kathleen N. March, que se
presentará en Nova York.
2013 Tempadas en Nova York,
onde recita (City University of New York), investiga (New York University) e
presenta "Revolución rosaliana en Nova York" (Spanish Benevolent Society).
Exhibe o fondo fotográfico de Julio Cortázar na Cidade da Cultura de Santiago de
Compostela e publica o libro Borges y todo (Escepticismo y otros laberintos)
no Centro de Arte Moderno de Madrid. Edita o epistolario entre Jorge Guillén e
José Ángel Valente.
2014 Retorna a Nova York e fala na Universidade
de Princeton (Nova Jersey). Edita Poemas para lucenses, Poemas polas
vítimas do 36 nas rías de Vigo e Pontevedra, Anarquista ou nada (Poemas
da memoria libertaria) e Valente vital (Ginebra, Saboya, París).
Edición bilingüe galego-francés de O cuarto bretón traducida por Marianne
Equy e galego-inglés de Rosalía's revolution in New York traducida por
Kathleen N. March, con quen ofrece o recital bilingüe de clausura do primeiro
simposio de estudos galegos en Norteamérica celebrado en Milwaukee (Wisconsin).
Participa na inauguración da placa cun poema de Valente aos españois mortos pola
liberdade na Segunda Guerra Mundial no memorial de Annecy (Alta Saboia). Viaxa
por Bélxica. Recibe con Carmen Blanco o Premio Galicia Mártir da Fundación
Alexandre Bóveda. Participa co seu poema "Arsenal da barbarie" na inauguración
da placa sobre os exiliados escravizados polos nazis durante a ocupación de
Francia no búnker submarino de Brest (Bretaña).
2015 Intervén no Salón Internacional da Edición e
do Libro de Casablanca. Edicións bilingües galego-castelán de Icebergs.
Micropoemas reunidos, traducido por Tera Blanco de Saracho, que presenta en
Madrid; galego-italiano de L'ansia di avere le ali, de varios tradutores,
que presenta en Bolzano, e galego-inglés de Deathless Loves, en edición
de Diana Conchado, que presenta en Nova York. Publica, en tradución súa, a
edición galego-inglés Musgo / Moss, de Emily Dickinson e, en 35 linguas,
A cabeleira, que presenta en recitais multilingües por Galicia e Nova
York. .
[Xaneiro, 2016]
|