Francisco Castro


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2franciscocastro.html

     Nacín en Vigo en 1966. Na actualidade traballo na xestión cultural e na comunicación. Son director, tamén, do Taller Literario Caixanova e do Taller de Poesía Caixanova. No ano 1991 publiquei Amor de cinema, ao que lle seguiron Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001) e a novela histórica Memorial do infortunio (2003), traducida no 2004 ao castelán. Polo de hoxe, os meus dous últimos libros son a novela Xeración perdida (2004) e o libro para mozos Un bosque cheo de faias (2004). No ano 1999 fun Premio de Xornalismo "Manuel Reimóndez Portela", no 2002 obtiven "O Facho" de poesía e en 2005 gañei o Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellá, polo meu relato "Venres Desesperado (look casual friday)" e o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves polo meu traballo "Ningún fascista morreu inxustamente". Premio Blanco Amor de Novela (2006) pola novela Spam, coordenador dos Diálogos Literarios de Mariñán, Premio de Novela Manuel García Barros 2007 pola novela As palabras da néboa e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo Domínguez 'Borobó' 2009 polo artigo "Borobó despedido". Chamádeme Simbad, Premio Frei Martín Sarmiento 2011, foi recoñecido polos lectores e lectoras da web Fervenzas Literarias como o mellor libro infantil de 2009 e entrou na Lista de Honra do IBBY para 2012. Na actualidade traballo como Coordenador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia e, desde decembro de 2010, son o Presidente de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). No 2011 publiquei a novela para adultos, In Vino Veritas (Ed. Galaxia).

[Xullo, 2011]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega