Naceu en 1955 nunha aldea do
concello de Bande na Limia Baixa. Estudou Filoloxía en
Compostela onde se doutorou cunha tese sobre literaturas
africanas de lingua portuguesa. Na actualidade é profesor
titular na Universidade da Coruña.
Ten varias publicacións sobre literatura (Rosto Negro, O
Texto nas Margens, Entre Próspero e Caliban, Voz
e Siléncio, etc.). No ámbito da criación literaria
participou na publicación de Alén (1977), nos volumes
colectivos De Amor e Desamor (I e II), así como o libro
individual de poemas Os habitantes da Culpa.
Ten colaboracións dispersas en
revistas galegas e portuguesas como Colóquio/Letras, Nova
Renascença, A Nosa Terra, Mealibra, Luzes
de Galiza, etc.
|