mb3fcotaxes.html
Francisco Manuel Taxes
Prego naceu no ano 1942 na cidade da Coruña, onde faleceu aos sesenta e un anos
de idade.
Autor de varios relatos, escribiu roteiros cinematográficos,
colaborou con TVG e RNE e desempeñou a profesión de crítico en varios xornais, mais
o seu grande recoñecemento débese á faceta teatral. En 1971 redixiu a primeira peza de teatro intitulada O velorio, obra que tivo unha
enorme repercusión, xa que
a súa encenación en 1978 marcou o inicio do
teatro profesional na Galiza. Con todo, permaneceu inédita até 2002.
Lenta Raigame, Caderno de Bitácora aínda
sen publicar e Casta i Albito completan
a produción dramática do autor.
|