Gustavo Pernas Cora

(1959 - 2018)

 

 
Obras
Autobiografía
 
Gustavo Pernas Cora

    Gustavo Pernas Cora, Viveiro 1959. Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) onde realiza diversos traballos de investigación no campo do cine e do teatro. Estudia Arte Dramático en Madrid.
    Desde 1985 dedícase profesionalmente ó teatro, combinando traballos de actor en diferentes compañías co traballo de dirección e escrita dramática. É autor de relatos e guións de televisión e realizador de curtametraxes. Actor e director de dobraxe. Colaborador en distintos programas de radio. Participante en numerosas mesas redondas, ponencias e conferencias. É membro da Comisión Técnica de Teatro da Ponencia de Artes Musicais e Escénicas do Consello da Cultura de Galicia, onde organiza en 2000 as Xornadas sobre Escrita Dramática e participa na publicación do Proxecto para a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
    Desde 1997 imparte aulas en diferentes ámbitos do ensino: Profesor de Guión, Teatro e Linguaxes Audiovisuais na Escola de Imaxe e Son de A Coruña, Profesor de Guión no Centro de Formación do Profesorado, Profesor de Dramaturxia no Master de Estudios Teatrais e Audiovisuais da Universidade da Coruña e de Arte Actual e Dramaturxia nesta mesma Universidade, en Pedagoxía Teatral.
    En 1989 funda con Anxela G. Abalo a compañía de teatro ANCORA PRODUCCIÓNS na que dirixe e interpreta os seus propios textos. 
    En 1990 estrea "O GALEGO, A MULATA E O NEGRO" (publicada en 1999. Ed. TRISTRAM), pola que recibe o Premio Compostela Ó Mellor Texto Dramático (1991) sendo nominado como Mellor Actor Protagonista e Mellor Espectáculo.
    En 1996 estrea "LADRAREMOS" —Comedia de amor e medo— que acada o I Premio María Casares de Teatro Ó Mellor Texto Dramático Orixinal, quedando finalista como Mellor Actor Protagonista e Mellor Espectáculo.
    En 1997 estrea "FÁBULA" —Comedia nun só acto... sexual—. Nominada en seis apartados no II Premio María Casares de Teatro, Mellor Espectáculo, Mellor Texto Dramático Orixinal, Mellores Actores Protagonistas, Mellor Escenografía e Mellor Vestiario.
    En 1998, estrea "ANATOMÍA DUN HIPOCONDRÍACO" —Comedia Médica—. Nominada no III Premio María Casares como "Mellor Texto Dramático Orixinal" e "Mellor Escenografía" que forma parte con "LADRAREMOS" e "FÁBULA" da Triloxía COMEDIAS PARANOICAS publicada en 2000, Ed . XERAIS, dentro da colección Libros do CDG, e proposta pola Real Academia da Língua Galega, para o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2000.
    En 2000 estrea "SUCESOS" espectáculo conformado polas pezas: RUINAS, A VELLA SENSACIÓN DO PROHIBIDO (publicada no nº4 da Revista CASAHAMLET), BRANCO E NEGRO e ¡AI, QUE SERÍA DE NÓS SEN OS OBREIROS!
    En 2001 estrea "FOOTING", Premio Rafael Dieste 2001 da Deputación de A Coruña, publicada pola Deputación dentro da Colección de Teatro...

[Setembro, 2002]
 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega