Joan de Cangas

(? - ?)

 

 
Obras
Biografía
 
vb1joandecangas.html

     Joan de Cangas parece ser orixinario, como suxere o seu nome, da vila pontevedresa de Cangas do Morrazo. Apoian o argumento da súa naturalidade galega máis dous feitos: as referencias nas súas cantigas ao Santuario de San Mamede do Mar (tal vez o de San Amedio, situado en Bon, Bueu) e a ubicación das súas composicións entre as de Golparro e Martim de Ginzo, xograres galegos.
     A produción da que se ten noticia (datada por volta do último cuarto do séc. XIII e inicios do séc. XIV) redúcese a tres cantigas de amigo con temática de romaxe, mais todo indica que a nómina das súas composicións debeu de ser máis extensa.
     A Joan de Cangas foi dedicado o Día das Letras Galegas de 1998 xunto con outros dous trovadores medievais, Meendinho e Martin Codax.

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega