Lu�s Gonz�lez Tosar


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2gonzaleztosar.html

     Luís González Tosar naceu en Bos Aires, República Arxentina, o 25 de agosto de 1952. Fillo de emigrantes, trasládase definitivamente a Galiza en 1969. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, na actualidade é profesor de lingua e literatura galega.
     Polo seu primeiro libro, A caneiro cheo (Ed. Galaxia,Vigo, 1985), Tosar recibiu o premio "Esquío" de poesía en galego e o "Losada Diéguez" de creación literaria, xunto ao recoñecemento unánime da crítica. O seu segundo poemario, Remol das travesías (Ed. Galaxia, Vigo, 1989), foi merecedor do premio da Asociación de la Crítica española. Outros libros seus son: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (Grial, Vigo, 1986), Campás de Recalada (1992) e Coa forza da palabra (Ed. El Correo Gallego, Santiago, 1993); publicou tamén Estación Marítima (Ed. "Galicia en el Mundo", Vigo, 1996), en que recolle unha colección de relatos e semblanzas coa diáspora galega como fondo.
     Luís G. Tosar, reuniu o primeiro ciclo da súa produción poética no volume Madeira do meu canto / Madera de mi canto (Col. Visor, Madrid, 1998), aparecido en edición bilingüe, galego-castelán. A súa obra está presente nas principais antoloxías e foi traducida ao catalán, ao italiano, ao inglés, ao francés, ao alemán e ao húngaro. En 1999 recibiu o premio "Julio Camba" de xornalismo e no mesmo ano, o "Modesto R. Figueiredo" de narrativa breve.
     Actual Presidente do P.E.N. Club de Escritores de Galicia, fundador e ex-director da revista Dorna. Expresión poética galega da Universidade de Santiago, coordinador da colección Dombate de poesía, é un asiduo colaborador en imprensa e radio.



* Tradución de Edicións Dixitais

[Febreiro, 2002]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega