vb1mckruckenberg.html
Mª
do Carme Kruckenberg Sanjurjo naceu en Vigo o 3 de Xuño de 1926.
Estuda na mesma cidade, no colexio alemán; co gallo da guerra
europea non pode rematar os estudos ó pecharse o colexio.
Négase a comenzar de novo nun instituto, xa que ten que
examinarse do primeiro outra vez. Así que estuda pola sua conta,
idiomas, historias, ciencias, literatura, etc, etc. Pódese dicir
que é unha auténtica autodidacta. A meirande parte dos seus
coñecementos débellos ó seu pai que infundiuna verdadeiro amor
polo coñecemento.
Casa no 1949; dempois de visitar
Francia e Italia viaxa a Arxentina. Vive en Bós Aires catro
anos. No Río da Prata coñece a elite dos escritores arxentinos
e de moitos mais países de América, refuxiados políticos, así
como a galegos e españois que están na mesma situación.
Un dos mais importantes foi Castelao, con quen estivo duas veces falando de política e
literatura, foi en Maio e mais en Novembro do 49. Dous meses
antes do seu pasamento.
Arturo Cuadrado, Lorenzo
Varela,
Emilio Pita, Xabier Bóveda...
Foi unha gran amiga de Rafael
Alberti e Mª Teresa León, os seus pais de Arxentina, como ela
os define. Na casa dos Alberti, coñece a Miguel Ángel Asturias,
Gloria Alcorta, Oliverio Girondo e Nohra Langue, Estela Canto,
Mª Rosa Oliver, Salazar Bondi, Guillermo de Torre; foi Guillermo
de Torre que a presenta ó seu cuñado Jorge Luis Borges con quen
reunese tódolos mércores no Richmond da rúa Suipacha. Alberto
Girri, un dos grandes poetas xunto con Olga Orozco. O editor
Losada, etc.
Sepárase do seu marido en 1953 e
volve á sua terra no mes de marzo. Ese mesmo ano en casa dos
García Lorca coñece a Vicente Aleixandre e a Dámaso Alonso.
Nas reunións no Café Gijón trata moi especialmente a Gerardo
Diego.
Nestes anos escribe, Cantigas
do vento e Los parajes inmóviles, Rumor de
tiempo, editados en 1956 e 1958. En Bos Aires escribe e
pubrica Las palabras olvidadas, unha carpeta de
tres poemas adicado á Paz, para o Congreso da Paz de Viena,
1950.
En 1958 fai un libriño para a sua
filla, Farol del Aire. Nestes anos viaxa constantemente
e remata en Saint Jean de Cap Ferrat Poemas inveitables (en
castelán). Para a Col. Alrededor de la Mesa, Bilbao 1962, os Poemas
y Canciones de aquí y de allí. Ese mesmo ano na Col. Salnés
de Galaxia "Canaval d'Ouro". Volve a viaxar por Francia
e Italia e varias veces a Portugal.
No 1964, Tauromaquia en linea y
verso con debuxos da autora, libro que gustou especialmente
a Vicente Aleixandre.
1969, Memoria de mi sueño.
1972, Cantigas de amigo a Ramón G. Sierra do Pampillón.
A Sombra ergueita, Ed. Castrelos 1976, (un dos seus
mellores libros en galego, escribiu Xesus Alonso Montero).
Dende isa data ten un tempo de
silencio, morre o pai no 72 e ponse a traballar primeiro en
seguros e logo durante once anos nos Laboratorios Servier como
delegada científica. Rompe ise silencio a morte dunha amiga e
profesora da sua filla Cristina, recopilando varios poemas que tiña
sen editar, 20 poemas rescatados del olvido y una elegía a
Chuca Pereda, 1983.
Durante estes tres anos que non
editou nada, sar en 1986, en Ed. O Castro Cantigas para un
tempo esquencido. En 1990 fai xunto con Antón Goyanes unha
carpeta de cinco poemas ó mar, Ardora, para Baiona
Horizonte Atlántico que leva así mesmo 5 gravados en color.
1992 Ed. O Castro, novamente, Alegoría do ensoño ferido.
O Concello de Vigo edita en 1996, os Poemas inevitables na
versión galega que fixo a mesma autora.
1997, sae en edición non venable 21
poemas nun grido de luz e Mediacións á beira da noite,
non venables tamén.
1998, CC.OO. edita Mª do Carme
Kruckenberg e 3 poetas medievais da ría de Vigo. 1998 se
edita un libro sobre os 39 países que percorreo durante istes
anos: Vivir, aventura irrapetible en castelán e galego.
1999 Jazz espido, Ed. O
Castro con debuxos de Eva Llorens, en galego e castelán, e o
mesmo ano 1999 en Espiral Maior Poemas sen Resposta.
Na primavera do ano 2000, pobrica
Ed. O Castro-Sargadelos, os poemas editados dende 1953 ata
Decembro do 2000, Obra poética case completa.
Ten en preparación un novo libro
de poemas, Recordos da beleza triste.
Ademais de poeta, Mª do Carme
Kruckenberg é autora de diferentes contos e traductora. Así
mesmo, ten escrito máis de 200 artigos en revistas e diarios.
Entre os recoñecementos recibidos,
destacan o Premio Alecrín 1997, a Medalla de Galicia (bronce)
1998 e seu o nomeamento como Membro da Enxebre Orden da Vieira.
|