Manuel Diz Ramos


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb4manueldiz.htm

     Naturalidade: Municipio de Beariz —Ourense— España.
     Filiación: José Diz Gil e Genoveva Ramos Ogando.
     Emigrou para o Brasil no final de 1946.
     Exerceu varias actividades durante máis de medio século no Brasil: No comercio, construcción civil e a maior parte do tempo no maxisterio —como profesor—.
     Ten Curso Superior: licenciándose en Matemáticas, Física e Deseño Xeométrico.
     Enseñou Matemáticas durante algúns anos e Física máis de un cuarto de século.
     Ten Curso de Postgrado de especialización no ensino de Ciencias —Modalidade, Física— feito na Universidad Federal de Minas Gerais, Brasil.
     Residiu na súa xuventude en Salvador (Bahía), onde participou, como socio, das Sociedades españolas. Máis tarde, fixou residencia en Belo Horizonte —Minas Gerais—.
     Foi Consultor de Física, por varias veces, no sector de Suplencia (DESU) —Secretaría de Estado de Educación, en Belo Horizonte, (M.G) — Brasil.
     Foi Presidente do Gremio Español de Socorros Mútuos e Instrucción en Belo Horizonte —Minas Gerais— por varios anos. Tamén foi Presidente do Instituto Mineiro de Cultura Hispánica, en Belo Horizonte, MG —Brasil—-.
     Foi introductor e primeiro corresponsal, en Minas Gerais, Brasil, da revista "Carta de España, edictada polo Instituto Español de Emigración", España.
     Foi coordinador e compilador do libro "Noventa años de Historia del Gremio Español de S. Mútuos e Instrucción" en Belo Horizonte, en 2001 —Brasil—.
     Recibiu a condecoración de " La Encomienda de La Orden del Mérito Civil del Reino de España" —por Su Majestad el Rey Juan Carlos I—.

[Abril, 2004]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega