Manuel Ferreiro


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2manuelferreiro.html

manuelferreiro@udc.es

     Manuel Ferreiro Fernández (Saavedra, Lugo, 1955) traballa fundamentalmente no campo da lingüística histórica galega e da edición de textos antigos (medievais, medios e decimonónicos) da historia cultural e literaria galega.
     Licenciado e Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, tras varios anos de exercicio da docencia como Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato, é, na actualidade, Catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
     Ademais de ser autor de numerosos relatorios, artigos e colaboracións en congresos, revistas e publicacións especializadas, publicou, entre outros, os seguintes libros:


-[1991] Pondal: Do dandysmo á loucura (Biografia e correspondéncia), Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (304 pp.) [ISBN 84-87847-02-1].

-[1992] As cantigas de Rodrigu'Eanes de Vasconcelos. Edición crítica con introdución, notas e glosário, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (136 pp.) [ISBN 84-87847-14-5].

-[19941/19982] Luís de Camões: Doce Canto em Terra Alheia? Apêndice: Camões em Terra Alheia (Presenças Camonianas na Lírica Galega). Selecção, introdução, notas e apêndice de...., Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (236 pp.) [ISBN 84-87847-41-2] (1998, 2ª ed. revisada [ISBN 84-89896-37-2]) (en colaboración con C.P. Martínez Pereiro e F. Salinas Portugal).

-[1995] Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume I: Queixumes dos Pinos. Ed. de..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995 [Introdución (LXXXIX pp.) + Textos e Variantes (192 pp.) + Notas críticas (134 pp.)] [ISBN 84-7824-144-2].

-[19951/19962/19963/19994] Gramática Histórica Galega. Volume I. Fonética e Morfosintaxe, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (442 pp.) [ISBN 84-87847-67-6] (Marzo 1996, 2ª ed.; Setembro 1996, 3ª ed.; 1999, 4ª ed. [ISBN 84-89896-43-7]).

-[1996] Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amigo, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (250 pp.) [ISBN 84-921126-4-6] (en colaboración con C.P. Martínez Pereiro).

-[1996] Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amor, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (253 pp.) [ISBN 84-921126-7-0] (en colaboración con C.P. Martínez Pereiro).

-[1996] Historia da Literatura Galega. Cantiga de Escarnio e de mal dizer, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (281 pp.) [ISBN 84-921126-6-2] (en colaboración con C.P. Martínez Pereiro).

-[1996] Historia da Literatura Galega. Cantigas de Santa Maria, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (240 pp.) [ISBN 84-921126-8-9] (en colaboración con C.P. Martínez Pereiro).

-[19961/19972] De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (1997, 2ª ed. revisada) (72 pp.) [ISBN 84-87847-97-8].

-[1997] Gramática Histórica Galega. Volume II. Lexicoloxía, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento, 1997 (400 pp.) [ISBN 84-89896-07-0].

-[2001] Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume II: Poemas Impresos. Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco [Introdución (XIV pp.) + Textos e Variantes (120 pp.) + Notas críticas (214 pp.)] [ISBN 84-7824-144-2].

-[2002] Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume III: Poemas Manuscritos. Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco [Introdución (XXII pp.) + Textos e Variantes (251 pp.) + Notas críticas (344 pp.)] [ISBN 84-7824-406-9].

-[2002] Cabanillas, Ramón: A Virxe do Crista. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera, A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' [Introdución (77 pp.) + Texto crítico (44 pp.) + Apéndice (70 pp.)] [ISBN 84-9749-035-5] (en colaboración con Goretti Sanmartín Rei).

Na actualidade é coordinador científico da Biblioteca-Arquivo 'Francisco Pillado Mayor' da Universidade da Coruña, así como director da Revista Galega de Filoloxía, publicada pola Área de Filoloxía Galega e Portuguesa (Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística) da Universidade da Coruña.


¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega