vb1mpereiravalcarcel.html
Manuel Pereira Valcárcel naceu en
Ouzande-A Estrada (Pontevedra) en 1955. Reside en Madrid
onde traballa de mestre.
Participou nos libros colectivos Intifada (Fundación
Araguaney, Santiago, 1989 e 2003), Homenaxe a Miguel González
Garcés (Deputación da Coruña, 1991), Comercial (Río
Xuvia Edicións, Neda-A Coruña, 1998), Muller de doce sal.
Homenaxe a Inés Canosa (vtp, Madrid, 2000), 47 poetas
de hoxe cantan a Curros Enríquez (Xerais, Vigo, 2001), O trazo aberto
(Deputación de Pontevedra, 2002), Narrativa Contemporánea Tabeirós-Terra de
Montes (Edicións Fervenza, A Estrada, 2005), Poesía Contemporánea
Tabeirós-Terra de Montes Montes (Edicións Fervenza, A Estrada, 2005) e
Pontevedra Literaria (Concello de Pontevedra, 2007).
Coordinou, xunto con Vicente
Araguas, a edición de En
tránsito. Poesía galega en Madrid (Ediciós
do Castro, O Castro-Sada, 2001).
En narrativa, gañou a novena edición (1992) do premio de
relatos Casa de Galicia en León por Día de inverno; e
en 1999 concedéronlle un accésit no concurso MODESTO R.
FIGUEIREDO pola narración Sobremesa.
De xeito individual publicou os libros:
Poesía:
-
Poemas
de cinza (Edición do autor, Madrid, 1990)
-
Todo morte
(Edicións Río Xuvia, Neda-A Coruña, 1998, reeditado en 2006 por Ediciós do
Castro, Sada-A Coruña)
-
Rosa íntima
(Espiral Maior, A Coruña, 2000)
-
Inventario de fragmentos
(Libros da Frouma-Librería Follas Novas, Santiago de Compostela, 2001) co que
conseguíu o premio Rosalía de Castro, na modalidade de galego, da Casa de
Galicia en Córdoba
-
Libro das viaxes
(Editorial Litoral das Rías, Pontevedra, 2003).
Prosa:
-
Traxectos curtos (Editorial TresCTres, Santa Comba, 2005)
-
Días
do final (Editorial Galaxia, Vigo, 2007).
|