vb9marialado
A María Lado parírona alá por 1979 nun coche da velvet underground nalgún lugar
da nada que une a nada do Cee que figura oficialmente como lugar de nacemento e
Santiago de Compostela, a gran nada no centro da nada.
Pero ela non podía con ese baldeiro e
medrou enchéndoo de pegadas. Ten publicados tres libros con textos deses que non
chegan ao final da liña:
A primeira visión (letras de cal,
1997), Casa
atlántica casa cabaret (Xerais, 2002) e
Berlín (Concello de Santiago-El Correo
Gallego-AELG, 2005).
Un bo feixe de volumes colectivos
conteñen o resultado do seu traballo:
Treze (que recolle os textos gañadores
dun premio literario que ela non lembra cal é e eu tampouco aínda que teño o
libro na casa), Nós
e rumbo ás illas (publicacións do
batallón literario da costa da morte ao que pertenceu), variados libros de
inspiración reivindicativa (
O entrelazo das palabras, Negra sombra, Sempre mar),
antoloxías máis ou menos ao uso da poesía galega:
dEfecto 2000 (letras de cal, 2000),
25 anos de poesía galega 1975-2000 (La
Voz de Galicia, 2003),
As sonorosas cordas (Eneida, Madrid,
2005) ou Poetízate
(Xerais, 2006) e outros volumes colectivos como
Os gozos e as sombras (Fundación
Gonzalo Torrente Ballester, 2005),
Forxa literaria
(Fundación Casa Museo A Solaina,
2002... ), Festival
de poesía do Condado (2005),
A palabra (catálogo do 2º encontro de
arte e natureza no castelo de Soutomaior, Deputación de Pontevedra, 2005) ou
Por man propia (Bourel, 2005).
Outros poemas espallados seus
percorreron mundo en diversas publicacións periódicas como
Cosmoguía (Córdoba),
Alquimia,
Comentário (Lisboa),
Dorna, Bravú, La luna (Mérida),
etcétera (onde non se indica localización, enténdese Galiza).
É coguionista con Julia Montilla da
radionovela
Novembro, dentro do proxecto edición
marco-fundación Luís Seoane-CGAC 2006.
Por temporadas deixou pegadas en
Vieiros, no programa de radio As
antípodas, na radiofusión, e no espazo e-music de Cuac fm-extrarradio.
Na actualidade reside na Coruña
disposta a seguir deixando pegadas.
Eduardo Estévez
|