Martin Codax

(? - ?)

 

 
Obras
Biografía
 
vb1martincodax.html

     De Martin Codax, tal vez o xograr galego-portugués de maior sona, parece indiscutíbel a súa orixe galega, concretamente do sul do país, polas numerosas referencias de Vigo que aparecen nas súas cantigas. Non se ten información, non obstante, sobre a súa condición, nobre ou humilde, mais non se dubida da súa esmerada educación en ambientes cultos, relacionados ben coa aristocracia ben co clero.
     O corpus literario atribuído a Martin Codax consta de sete cantigas de amigo (probabelmente compostas a mediados do século XIII, durante o reinado de Fernando III O Santo) que aparecen recollidas nos cancioneiros e no Pergamiño Vindel. Das cantigas de Codax compiladas no Pergamiño, datado a mediados do séc. XIII ou comezos do XIV, consérvase a música.
     A Martin Codax, Meendinho e Joan de Cangas dedicouse o Día das Letras de 1998.

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega