vb2miguelanxomourinho.html
Mestre e escritor
serodios. Despois de moitos avatares, fai Maxisterio na década dos oitenta e
retoma o labor poético que tiña esquecido dende a primeira xuventude. En 1987
gaña o concurso de poesía Lorenzo Varela co poema "Camariña", que
foi publicado en edición mural nun cartel de Isaac Díaz Pardo; isto dálle
pulo para escribir o primeiro libro: Camariña: sete cruces e unha esperanza.
Máis adiante publica un segundo poemario, E segues a tirarme das entrañas,
e por fin entra no mundo da literatura xuvenil cunha obra narrativa titulada Os
Arriscados. É tamén autor dalgúns poemas soltos con diferentes graos de
difusión. Así, por exemplo, circula dende hai xa algún tempo un Esconxuro
para os afeccionados a queimadas lúdicas. Outro poema, de título
"Xove", exponse nunha aula do Albergue de Gandarío e é considerado a
expresión do seu ideario. Tamén existe un díptico que contén o poema
"If", de Rudyard Kipling, e a súa traducción "Se" ao
galego.
blog do autor
|