vb2millanpicouto.html
MILLÁN PICOUTO (Ourense, 1949). Poeta, dramaturgo e compositor, fundou o grupo
teatral Auriense nos anos 70 e contribuíu ao renacemento do teatro galego
arredor do certame Abrente.
En 2000 publicou «Obra Lírica Completa», libro
que desde aquela ten tido varias ampliacións inéditas. Ao ano seguinte comezou a
publicación da súa obra dramática en Ediciones Linteo: «Ciclo de Venus»
(2001), «Ciclo de Mercurio» (2002), «Ciclo da Terra» (2006),
«Ciclo de Marte» (2007), «Ciclo de Xúpiter» (2008), libros que
integran traxedias e comedias agrupadas en ciclos planetarios como partes
orgánicas do conxunto teatral «MACROCOSMOS», aínda non terminado. Baixo ese
título publicou en 2009 a súa propia versión ao español das primeiras 23 obras.
A devolución da palabra poética ao escenario, a
recuperación de todos os rexistros e dos mellores modos da tradición teatral
europea, coa súa autonomía verbal, e o retorno do coro como un dos elementos
principais son designios que alentan en toda a súa obra dramática.
En 2008 recibiu o Premio de Teatro da Asociación de
Escritores en Lingua Galega, e en 2009, o Premio de Teatro e Poesía da
Asociación Galega de Editores.
Obras líricas
Cancións
Sonetos da lúa chea
Odas e poemas
Elexías e himnos
Sonetos Omega
Obras dramáticas
CICLO DE MERCURIO Conto de abril Silvania
A peso de ouro
Fisterra
CICLO DE VENUS
A fada e o cabaleiro Nausícaa Os espellos e a noite Empédocles
CICLO DA TERRA
Prisciliano en Tréveris
Os corvos As andoriñas María
Soliña
CICLO DE MARTE
Illa de Páscoa I: Atán
Illa de Páscoa II: Iko
Illa de Páscoa III: Ororoina Os guerreiros celestiais
Asteroides
CICLO DE XÚPITER
Péricles e Aspasia Vercinxetórix, príncipe da Galia
Xulio César Zenobia, raíña de Palmira
Lánser e Íngrid
[Setembro, 2010]
|
|