vb2mirovillar2.html
(Cee, 1965)
Profesor de lingua e literatura galegas, poeta,
narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións.
Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte.
Como poeta é autor dos libros Ausencias
pretéritas [Espiral Maior, 1992], 42 décimas de febre [Toxosoutos,
1994], Abecedario da desolación [Espiral Maior, 1997; premio
Tívoli-Europa 1998], Equinoccio de primavera [Esquío, 1998; finalista
do premio Tívoli-Europa 1999] e Gameleiros [Xerais, 2002]. Textos
poéticos da súa autoría foron traducidos ao castelán, portugués, italiano,
francés, alemán, inglés, alemán, ruso, albanés e serbo-croata no volume Il
cammino di Santiago. La giovane poesia d'europa nel 1997 [Melteni, 1998]. Os
seus poemas tamén se achan en numerosas revistas literarias e nos cartapacios
colectivos Ao mar de adentro [1989] e A rota dos baleeiros [1991]
das Edicións do Dragón, así como nas antoloxías Para saír do século
[Xerais, 1997], Río de son e vento [Xerais, 1999], dEfecto 2000
[Letras de Cal, 1999], A tribo das baleas [Xerais, 2001] e nos volumes
colectivos Nós. Batallón Literario da Costa da Morte [Concello de
Corcubión, 1997], Mar por medio [Concello de Corcubión, 1998], Ourense,
craro río, verde val [Concello de Ourense, 2001], 47 poetas de hoxe
cantan a Curros Enríquez [Xerais, 2001] ou Poetízate [Xerais,
2006], entre outras.
Como narrador recibiu nos anos 1985 e 1987 o
premio de relato curto Modesto R. Figueiredo do Patronato Pedrón de Ouro por Augas
de silencio e Verbas cruzadas con Amaranta [Ediciós do Castro,
1987/1988] e a Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene.Na literatura
infantil e xuvenil publicou Carlota, a marmota [Xerais, 2000], Carlota
e a bota perdida [Xerais, 2003] e Carlota e a gaivota patiamarela
[Xerais, 2006].
No eido do ensaio participou como relator en
numerosos congresos e xornadas literarias, con relatorios recollidos nas súas
respectivas actas, e publicou varias edicións críticas ou comentadas, como a Antoloxía
poética de Gonzalo López Abente [Espiral Maior, 1995], Unha lectura de
O soño sulagado [Xerais, 1998], Roberto Blanco Torres. Orballo da
medianoite [Xerais, 1998], A poesía galega de Xervasio Paz Lestón
[Do Castro, 1998], Indo para máis perto. Aseñardade no puño de Alexandre
Cribeiro [Xerais, 2004], A roseira da soidade de Antón Zapata García
[Xerais, 2005], Poesía galega completa e textos en prosa de Emilio Álvarez
Blázquez [Xerais, 2005], alén de ser coautor dos volumes de Publicacións
periódicas e Obras no Diccionario da Literatura Galega
[Galaxia, 1997/1999] e, xunto a Xesús Alonso Montero, dos Textos e
documentos para o congreso sobre García Lorca [Universidade de Santiago de
Compostela, 1998]. Na actualidade está a realizar a súa tese de doutoramento
sobre a poesía galega de Antón Zapata García.
Finalmente, como tradutor verteu ao galego o
ensaio As pegadas de Santiago na cultura de Fisterra de Benjamín Trillo
Trillo [Fundación Caixa Galicia, 1999], o poemario Calafrío de Jorge
Justo Padrón [Xerais, 2000] e os poemas de Bernardino
Graña en Poesía gallega contemporánea [Litoral, 1996].
* A fotografía é de Manuel Álvarez.
|