|
Escribe poesía e contos en lingua galega
Modesto Fraga (Fisterra, 27/02/1974) escribe poesía e contos en lingua
galega. No xénero lírico acadou certames literarios diversos como o "Avelina Valladares", "O
Grelo-Amigos de Galicia", "Rosalía de Castro", "Francisco Añón", "Francisco Fernández del Riego", "Faustino Rey Romero" e "Ramón Cabanillas" entre
outros.
Poemas da súa autoría aparecen nos libros colectivos Coroa
Literaria para Roberto Blanco Torres (Ediciós do castro), A
poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia), Rumbo
ás illas (A.C. Monte Branco), Mar
por medio (Toxosoutos), Nós (Batallón Literario Costa da
Morte), De mar e vento (Espiral Maior), e no terceiro tomo da antoloxía
25 anos de poesía galega (1975-2000) que o profesor Luciano Rodríguez elaborou para a Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.
Tamén publicou poemas en revistas especializadas como Dorna, A Xanela, Casa da Gramática, Augas verso, Feros Corvos, Lúa Nova e
outras.
Na actualidade forma parte da Xunta Directiva do PEN Clube de Galicia, e foi membro
fundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do Consello editorial da colección de poesía
Letras de Cal.
Web do
autor
|
|
|
|