Modesto Fraga


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
Escribe poesía e contos en lingua galega     Modesto Fraga (Fisterra, 27/02/1974) escribe poesía e contos en lingua galega. No xénero lírico acadou certames literarios diversos como o "Avelina Valladares", "O Grelo-Amigos de Galicia", "Rosalía de Castro", "Francisco Añón", "Francisco Fernández del Riego", "Faustino Rey Romero" e "Ramón Cabanillas" entre outros.
    Poemas da súa autoría aparecen nos libros colectivos Coroa Literaria para Roberto Blanco Torres (Ediciós do castro), A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia), Rumbo ás illas (A.C. Monte Branco), Mar por medio (Toxosoutos), Nós (Batallón Literario Costa da Morte), De mar e vento (Espiral Maior), e no terceiro tomo da antoloxía 25 anos de poesía galega (1975-2000) que o profesor Luciano Rodríguez elaborou para a Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.
    Tamén publicou poemas en revistas especializadas como Dorna, A Xanela, Casa da Gramática, Augas verso, Feros Corvos, Lúa Nova e outras.
    Na actualidade forma parte da Xunta Directiva do PEN Clube de Galicia, e foi membro fundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do Consello editorial da colección de poesía Letras de Cal.

 

Web do autor

 

[Decembro, 2002]

 

 

 


¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega