vb3pablovaamondegarcia.html
Pablo Vaamonde García
naceu na Baña ( A Coruña) en 1956. Cursou estudios de Medicina na Universidade
de Santiago de Compostela. Realizou a especialidade de Medicina de Familiar e
Comunitaria en A Coruña. Despois de varios anos traballando en Estepona
(Málaga), actualmente exerce como médico de familia no barrio coruñés de
Labañou.
Colabora habitualmente na prensa diaria. Ten publicado
artigos en El Ideal Gallego, El Correo Gallego e La Voz de
Galicia. Colabora ocasionalmente coa revista Tempos Novos. Desde 1994
é o director da revista médica Cadernos de Atención Primaria.
Iniciouse na literatura con dúas obras teatrais,
estreadas na Mostra de Teatro Galego de Ribadavia polo Grupo de Teatro
"Malveira" de Cariño: A Taberna (1976) e Agardando polo
tren (1977).
No xénero narrativo ten publicado diversos relatos no
xornal O Correo Galego. En 2002 publicou a novela O fillo do emigrante
(tresCtres). Suso de Toro, no prólogo de dita obra, afirma: "Pablo
Vaamonde danos aquí unha ración de literatura, non defrauda; neste libro vai
drama, destino, entretemento e sentimentos agochados. Literatura".
O mes de Abril, novela
publicada en 2004 por Espiral Maior, conta cun limiar de Víctor
F. Freixanes, no que: afirma "Velaquí unha historia común, a crónica íntima
dunha vida calquera. ¿Calquera? Tódalas vidas son distintas. Pablo Vaamonde
invítanos a ollar dentro de nós, coma nunha radiografía (?) Capacidade de
observación. Estampas próximas. Tipos humanos e situacións nas que nos recoñecemos?
Pablo Vaamonde sorpréndenos cunha historia cotiá e promete máis historias,
oxalá que cargadas de vida, coma esta".
Luz Divina e outros retratos é o seu último libro publicado. Xulio L.
Valcárcel é o autor do prólogo, no que afirma: "Trátase dunha presa de pequenas
historias que reflicten de maneira fiel unha parte significativa da
sociedade galega actual. Retratos extraídos da vida cotiá, describen polo miúdo
os rasgos físicos e psicolóxicos dos protagonistas, moitas veces cargados de
dozura, como a nena Luz Divina. Historias que semellan retallos frescos e vivos
da realidade que nos rodea con esa capacidade identificatoria tan característica
da obra de Vaamonde".
|