vb3paulacarballeira.html
Un sete de setembro
chorei por primeira vez. Estaba nacendo. Ata os 17 anos vivín en Maniños, no
Concello de Fene, descubrindo e explorando unha certa inclinación a fabular
outros mundos, preferentemente na literatura e no teatro. Despois marchei a
Santiago de Compostela, onde eu tiña pouco que chorar porque o ceo botaba
bágoas a máis non poder. Alí seguín escribindo e disfrazándome en peles de
personaxes que me ofrecían outras vidas, outras palabras. Ata hoxe. Pertenzo á
compañía de teatro Berrobambán, vou contando contos polo mundo, e nunca
mellor dito, pois grazas á antiga arte de contar historias teño participado en
festivais de narración oral nacionais e internacionais, e levo publicado uns
cantos libros. Tendo en conta que xa plantei algunha que outra árbore, fáltame
ter un fillo. Mentres, seguirei viaxando.
|