Victoriano Taibo

(1885 - 1966)

 

 
Obras
Biografía
 
mb2victorianotaibo.html

     Victoriano Taibo García naceu en Compostela no ano 1885. Na cidade natal estudou Maxisterio e contactou co movemento galeguista a través da Irmandade da Fala local. O exercicio da súa profesión de mestre levouno a Ortigueira, Cambre, Xinzo da Limia, Morgadáns e finalmente a Vigo, onde moraría até a súa morte, acontecida en 1966.
     Colaborador habitual de O Tío Marcos da Portela e outras revistas e xornais da altura, estivo integrado no Instituto de Estudos Históricos do Minho e en 1948 ingresou na Real Academia Galega co discurso Rosalía de Castro, precursora da fala, publicado pola institución en 1972.
     Para alén da obra espallada en publicacións periódicas, Victoriano Taibo viu editados tres títulos da súa autoría: os poemarios Abrente (1922) e Da vella roseira (1925) e o libro de narracións Da agra aberta, contos e lêndas (1956). Canto á súa produción poética, tense sinalado a adscrición do compostelano á estela de Cabanillas.

[Gravura: Carlos Maside.]

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega