mb2victorianotaibo.html
Victoriano
Taibo García naceu en Compostela no ano 1885. Na cidade natal estudou Maxisterio e contactou co movemento galeguista a través
da Irmandade da Fala local. O exercicio da súa profesión de
mestre levouno a Ortigueira, Cambre, Xinzo da Limia, Morgadáns e
finalmente a Vigo, onde moraría até a súa morte, acontecida en
1966.
Colaborador habitual de O Tío
Marcos da Portela e outras revistas e xornais da altura,
estivo integrado no Instituto de Estudos Históricos do Minho e
en 1948 ingresou na Real Academia Galega co discurso Rosalía
de Castro, precursora da fala, publicado pola institución
en 1972.
Para alén da obra espallada en
publicacións periódicas, Victoriano Taibo viu editados tres
títulos da súa autoría: os poemarios Abrente (1922) e
Da vella roseira (1925) e o libro de narracións Da
agra aberta, contos e lêndas (1956). Canto á súa
produción poética, tense sinalado a adscrición do compostelano
á estela de Cabanillas.
[Gravura: Carlos Maside.]
|