Vidal


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2xerardovidalrivas.html

Lugo, 1979.

Púxenme Vidal porque así era como me chamaban no colexio, xa en terceiro de EXB, os outros nenos, polo apelido e non polo nome. Non o facían con ningún outro. Palabra.
Non podo escribir unha biografía de escritor aquí. Para empezar, non exercín os máis diversos oficios. Non, eu intentei exercelos: mozo de almacén, administrativo, peón de colocación de publicidade estática, comercial, traballador de atención ó cliente e outros que non lembro, desde os dezanove ata hoxe. Se buscades experiencias vitais fortes, deixádevos de novelas. Só vos digo unha cousa: probade a sobrevivir en Lugo sen contactos e sen experiencia laboral.
E logo, algo moi importante: eu non podo poñer aquí unha biografía de escritor porque eu non adoro a literatura. Non son desa xente que cando lle mentan esa palabra falan de conceptos extraterrenais e praceres orgásmicos (esa é a impresión: parece que falan da literatura e derraman fluido). Con esas actitudes achéganse moito á relixiosidade que tanto critican. Non, eu non vou por ese camiño.
Porque, iso é o que quero dicir: sei -un pouco, polo menos- cánto doe.


[Outubro, 2008]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega