Xavier Costa Clavell

(1923 - 2006)

 

 
Obras
Autobiografía
 
vb1costaclavell.html

     Nado o 30 de Maio en Chantada (Lugo), leva moitos anos vivindo en Barcelona, dedicado á literatura e ao xornalismo. Fixo estudios de Bacharelato en Lugo e de Xornalismo en Barcelona. É actualmente escritor profesional e colaborador de prensa.
     Premiado en varias ocasións, o premio que máis ilusión lle fixo foi o que lle concedeu en 1991 o Patronato do Pedrón de Ouro en Honra polo seu labor en pro da difusión en ampla temática da cultura galega no exterior.
     É autor de máis de 30 obras sobre a pintura universal, varias delas traducidas ao inglés, ao francés, ao alemán, ao italiano e ao xaponés.
     Traduciu ao castelán AIRES DE MI TIERRA DE MANUEL CURROS ENRÍQUEZ. Edición bilingüe, cun ensaio sobre a época, o home e o poeta. Ediciones, 29, Barcelona, 1989.
     Colaborou nos diarios "La Vanguardia", "Tel/Express", "Mundo Diario" e "El Periódico" de Barcelona e en "La Voz de Galicia" da Coruña, así como no "Faro de Vigo", "O Correo Galego", "El Progreso" de Lugo e "La Región" de Ourense, e nas revistas "Destino", "Mundo", "Historia y Vida", "Nueva historia" e "Hora de Poesía" de Barcelona e en "Triunfo" e "Tiempo de historia" de Madrid. Tamén colaborou asiduamente nas revistas barcelonesas de tema gastronómico "Bouquet", "Gastronomía y Enología" e "Comer y Beber".
     Pronunciou conferencias e pregóns en diversas poboacións galegas.
     Pertence ás seguintes asociacións:
-Asociación Colegial de Escritores de España, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Asociación Española de Críticos Literarios, Association Internationale de Critiques Litteraires de París e Asociación de Escritores y Periodistas Gastronómicos de España.

[Febreiro, 2002]
 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega