Xavier Picallo


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2xavierpicallo.html

 

TEATRO E DIÉRESE

TEORÍA DE INANICIÓN OU PRESUNCIÓN DE STOP

O teatro, hoxe, é superfluo como a diérese que coroa ociasamente palabras que tenden a esquecer a súa diferencia. Se no pasado foi tilde, acento que marcaba a inflexión dunha caligrafía social moderadora de actos tribais con ansias de ecuanimidade, velaí unha sorte de xustiza poética entre os distintos status.

O teatro, today, deixou a súa perspectiva tónica para converter a desazón da intimidade e os seus ritos nunha parafernalia de eco átono que agás serve para un roto que para un descosido. A pesares de caer na cabalística do sete, o seu desterro a dous leves puntos xemelgos na xeografía gutenberg equival á peculiaridade cultureta de segunda orde para un marco de marketing político que acelera o olvido e o seu presunto deceso.

Non son catastrofista, creo que é mellor ser palafito diérese opcional a punto e remate. De ter que elixir, por viravoltas buñuelianas, escollo a garantía do espacio.

Se hai que escoller, fico no espacio.

Fotografía: Kris.

[Febreiro, 2002]


¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega