vb1xelisdetoro.html
( Xelís de Toro asina tamén
como Roque Morteiro)
Anteproxecto de autobiografía
O peor de escribir literatura é que un acaba converténdose nun
escritor e tendo biografía, cando precisamente o que un quere
conseguir cando escribe e precisamente borrar e diluir ese
individuo e por tanto desescribir unha biografía. É un doble
exercicio de exhibicionismo e ocultamento. Na miña vida
literaria hai unha cortina moi mesta de chuvia que marca un antes
e despois. Antes dese manto de chuvia a un importáballe a
literatura, lela, discutila, compartila e escribila; despois do
manto da chuvia chegou a fotografía do escritor, inventouse a
palabra "celebridade" e os escritores comezamos a
convertirnos en xente famosa. Hoxe en día estou facendo esforzos
para reencontrarme coa literatura e volver a sentir que estou
dialogando cunha vella amiga e quizais limar e solucionar
pequenos malentendidos e despois quizais saian unhas palabras
detrás de outras non necesariamente de esquerda a dereita. Xa
levo escrito un tanto sen embargo non teño a sensación de estar
máis preto de ningún sitio en particular.
|